Ofrecendo un pouco máis de información sobre o servizo de transporte colectivo da Costa da Morte
Da precariedade do servizo de transporte colectivo da Costa da Morte non fai falla falar. Ademais da escaseza de oferta horaria, o alto custe do billete e o interminable da viaxe, a falta de información fai imposible depender do autobús na bisbarra. Pero ademais dos veciños, os visitantes, turistas e peregrinos, pasan verdadeiras calamidades para entender os disgregados horarios das 3 liñas concesionarias do servizo. Así, o segundo punto máis visitado de toda Galicia, o Cabo Fisterra, fica moi lonxe para os visitantes.
Dende o diario dixital www.quepasanacosta.com levamos 3 anos traballando para mellorar a accesibilidade á información dos horarios de autobuses. Ademais de ser o único espazo online onde se poden atopar todos os horarios dos autobuses da Costa da Morte, o equipo da empresa corcubionesa Galinus, realizou un cartel cos horarios integrados de toda a bisbarra.
Un cartel por toda a Costa
Unha das medidas que están artellando os equipos de Quepasanacosta e Galinus é a creación dun cartel para as paradas de bus, os puntos de información turística, e diferentes establecementos hostaleiros de toda a bisbarra. Gracias ao patrocinio de Hotel Insua de Cee, do Albergue Camiño das Estrelas e www.todocostadamorte.com, este cartel pode chegar a todas as parroquias da bisbarra.
Para difundir os horarios faremos unha ruta repartindo os carteis dende Carnota ata Camariñas, pasando por Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Muxía, Vimianzo e Zas. As liñas que unen as nosas vilas con Santiago e con A Coruña tamén estarán cubertas.
Tamén ofrecemos a posibilidade de adquirir un cartel, para o que vos instamos a que contactedes con nós en info@quepasanacosta.com ou 637 704 893 e volos faremos chegar.
Igualmente podedes descargar e imprimir o cartel
Tamén na rede
O traballo continúa, por suposto, a través de internet. A través do espazo www.busescostadamorte.com pódense atopar os horarios integrados das 3 compañías correspondentes aos concellos da bisbarra. Horarios das liñas que unen as principais vilas da provincia, A Coruña e Santiago de Compostela, coas vilas da Costa da Morte. Así como os escasos horarios das vilas costeiras entre si.
Deste xeito, invitámosvos a que incluades nas vosas webs ou blogs corporativos a ligazón http://www.busescostadamorte.com/. Con esta medida, todo visitante da bisbarra e todos os veciños poderán obter con máis facilidade información sobre o precario servizo de transportes da Costa da Morte.
Descubre todo lo que los soci@s de APTCM tienen preparado para que disfrutes de la Costa da Morte

APTCM. Asociación
Profesional do Sector Turístico da
Costa da Morte
info@aptcm.es
| Telf. (+34)981 70 61 63