A petición de varios socios, a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte mantivo conversas con Booking, un dos portais de reserva polo que entran mais clientes aos establecementos da Costa da Morte.
Ata fai uns días, cando un turista que buscaba aloxamento na Costa da Morte a través de Booking, está páxina incluía nos seus resultados a hoteis de Ares, Betanzos, Oleiros ou Arteixo, coa conseguinte posible perda de clientes para os nosos aloxamentos.
Actualmente, a páxina de Booking identifica á Costa da Morte co xeodestino oficial e soamente figuran aloxamentos radicados nos 17 concellos que conforman a Costa da Morte.
Por este motivo, queremos agradecer a Booking o seu esforzo por adaptar os seus contidos a realidade do noso territorio.
Desde APTCM valoramos moi positivamente este logro xa que mais do 90% dos hoteis da Costa da Morte que traballan con Booking están asociados a nosa entidade.
Tamén animamos aos nosos socios e socias e a todo aquel que estea vinculado ao mundo do turismo na Costa da Morte a que nos fagan chegar as súas propostas para a mellora do noso sector.
Descubre todo lo que los soci@s de APTCM tienen preparado para que disfrutes de la Costa da Morte

APTCM. Asociación
Profesional do Sector Turístico da
Costa da Morte
info@aptcm.es
| Telf. (+34)981 70 61 63